Nigrán informa da apertura de prazo para solicitar participar no programa “Xuntos polo Nadal”

Os Servizos Sociais do Concello de Nigrán informan que a Consellería de Política Social convoca o programa “Xuntos polo Nadal” destinado a persoas de 60 anos ou máis que se sirvan por si mesmas e que por distintas circunstancias se atopen soas na época do Nadal. Trátase dunha estancia gratuíta de 8 días con aloxamento e pensión completa na residencia de tempo libre de Panxón, para os solicitantes da provincia de Pontevedra. A estancia poderá ser entre o 23 e o 30 de decembro do 2022; ou ben, na segunda quenda, entre o 31 de decembro e o 7 de xaneiro de 2023. O prazo para solicitalo finaliza o luns 28 de novembro. Os interesados poderán dirixirse aos Servizos Sociais do Concello (cita previa – 986.365.000) para a inscrición.