Trinke Trinke Teatro presenta “Aprendendo a querer” en Sabarís

O “Novembro Lila” continúa a súa andaina no Multiusos Mercado de Sabarís e acolle este domingo, 20 de novembro, ás 12:00 horas, a representación teatral para nenos “Aprendendo a querer” con Isabel Risco de Trinke Trinke Teatro. Todos aqueles nenos e nenas que se acheguen ata o recinto municipal pasarán unha mañá divertida. A entrada é gratuíta e libre ata completar aforo.

Esta actividade forma parte da programación “Novembro Lila” organizada pola Concellería de Igualdade, dirixida por Yasmina Moreira Costas, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que trae consigo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller no Concello de Baiona.