Convocan unha nova concentración pola baixa temperatura da auga na piscina da Ramallosa

Usuarios e usuarias da piscina mancomunada do Val Miñor convocan unha concentración mañá xoves 17 de novembro, ás 17:00 horas na porta das instalacións do propio centro deportivo. Co fin de que se restableza a temperatura da auga da piscina a 28°, xa que actualmente segue estando a 25° orixinando molestias e mesmo problemas de saúde ás persoas usuarias. As protestas proseguirán ata que se dea solución a esta problemática que xorde por mor dun tira e afrouxa entre a Mancomunidade e a empresa contratada, utilizando ás persoas usuarias como moeda de cambio.