Interrupción do subministro eléctrico en Baiona por traballos de mellora

O Concello de Baiona informa de que co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, na madrugada do día 15 de novembro, de 2:00 a 4:00 horas, a compañía UFD – Distribuidora de electricidade do Grupo Naturgy, vai proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións no municipio, o cal pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:

  • Ramallosa (rúa Pontevedra: impares 1 a 7; 11 a 23; 25 a 34. Pares 36 a 66)
  • Sabarís (rúa Pontevedra, 24)
  • Santiago de Compostela: pares 2-12
  • Ramallosa-Santa Cristina (avenida José Pereira Troncoso número 9999)
  • Viso de Calvos (Camiño Barreiras, números 1 a 5; impares 7 a 15)
  • Viso de Calvos (2, 4, 5, 7, pares 8 a 12; 16-18; 24-28; 33, 38, 45, 50, 52, 58, 60)
  • Camiño Francés (1, 3, 6, 9, 11, 13, 16)
  • Miramar (1 a 3, 6, 7, 14 e 16)

Rogan desculpen as posibles molestias ocasionadas. Para calquera aclaración os usuarios poden poñerse en contacto a través do teléfono 900 333 999.