Obradoiro de arte floral de Nadal no Centro Sociocomunitario de Baiona

O vindeiro mércores 16 de novembro o Centro Sociocomunitario de Baiona comeza un novo curso de “Arte Floral en Nadal” que seguirá nos días 23 e 30 de novembro e 14 de decembro. A actividade, que se desenvolverá en horario de 16:30 a 18:30 horas financiada pola Consellería de Política Social, ten unha cota de inscrición de 10€. Os materiais (flores, adornos,…) serán por conta de cada alumno. Máis información en recepción (tardes) ou no teléfono 886110123.