
Continuando co proxecto de fomento da práctica do deporte náutico, Club Deportivo Salitre ofrecerá este sábado 12 de novembro, en colaboración co Náutico de Panxón, unha xornada de aproximación ao Foil, a prezos reducidos.
As persoas interesadas en descubrir novas modalidades, terán en Nigrán unha oportunidade única para practicar wakefoil, wingfoil e windsurf, nunha actividade guiada por monitores e que se desenvolverá de 10:30 a 14:00 no náutico.
O evento, dirixido a maiores de 18 anos, contará ademais cun aperitivo ao finalizar a xornada. A inscrición ten un prezo de 20 euros, 15 para socios, e as reservas están xa dispoñibles na web www.salitreclubdeportivo.com ou na seguinte ligazón.