A fin de semana do 19 e 20 de novembro a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso organiza as súas II Xornadas Micolóxicas na Casa Veciñal da parroquia. A capacidade está limitada para 30 persoas, e para a xornada matinal do sábado é necesario inscribirse e pagar 15 euros. Os interesados poden facelo na seguinte ligazón.
Sábado 19 novembro
- 09:30h Saída ao campo e roteiro micolóxico guiado.
- 11:00h Charla, “Coñecemento cogomelos, micoloxía teórica”.
- 13:00h Degustación
- 17:00h Charla. Mycogalicia Plantae. “Aproveitamento micolóxico en piñeiros”.
Domingo 20 novembro
- 10:00h Xornada deseucaliptización con voluntarios.
- 16:30h Charla antropólogo Rafael Quitiá. “A festa do Magosto e o simbolismo da castaña na cultura galega”.

