
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, informa de que, tras o resultado da última analítica de potabilidade das fontes naturais existentes no municipio, a auga da Fonte do Pombal, situada no Camiño Real (Sabarís), está dentro dos parámetros normais que garanten o consumo humano.