
O “Novembro Lila” continúa a súa andaina no Multiusos Mercado de Sabarís e acolle este domingo, 13 de novembro, ás 12:00 horas, o contacontos “Contos vellos novos finais. Moito que limpar” de Caxoto. Todos aqueles nenos e nenas que se acheguen ata o recinto municipal pasarán unha mañá divertida. A entrada é gratuíta e libre ata completar aforo.
Esta actividade forma parte da programación “Novembro Lila” organizada pola Concellería de Igualdade, dirixida por Yasmina Moreira Costas, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que trae consigo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller no Concello de Baiona.