Baiona abre o prazo de inscrición do Programa de Conciliación de Nadal 2022

O Concello de Baiona abre o prazo de inscrición para participar no Programa de Conciliación Nadal 2022, promovido pola Concellería de Igualdade a través do Centro Municipal de Información á Muller, que ten como obxectivo a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral. O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 21 de novembro ás 14:00 horas.

Desenvolverase no CPI Cova Terreña, e vai dirixido a menores de 3 a 12 anos. As bases que regulan a convocatoria poden descargarse a través da páxina web do Concello de Baiona (www.baiona.gal), do taboleiro electrónico ou recollelas no Rexistro do Concello. Para máis información poden contactar no teléfono 986 357 552 e 986 35 75 54 en horario de 8:30 a 14:30 horas.