Contacontos no Multiusos Mercado de Sabarís

O Multiusos Mercado de Sabarís acolle este domingo, 6 de novembro, ás 12:00 horas, o contacontos “Tres irmáns, tres camiños e tres grandes perigos” de Paula Carballeira. Todos aqueles nenos e nenas que se acheguen ata o recinto municipal pasarán unha mañá divertida. A entrada é gratuíta e libre ata completar aforo.

Esta actividade forma parte da programación “Novembro Lila” organizada pola Concellería de Igualdade, dirixida por Yasmina Moreira Costas, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que trae consigo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller no Concello de Baiona.

A programación ao completo darase a coñecer mañá ás 19:00 horas no acto de presentación que terá lugar no Multisusos Mercado de Sabarís. Un acto que estará amenizado polas versións de pop, soul, jazz e funk de “Two in the Mirror”.