Concurso de doma e encontro de horseball en Porto do Molle

O Concello de Nigrán colabora co Club Hípico “Llamas de Cea”, de San Pedro de A Ramallosa, para ofrecer este domingo de 10:00 a 18:00 horas en Porto do Molle un concurso de doma e un partido de horseball (xogo que enfronta a dous equipos de seis xogadores que, portando un balón con seis asas de coiro, deben conseguir o maior número de goles nas canastras verticais do equipo contrario). En total, participan 30 cabalos e 70 xinetes de toda a comarca. O Club Hípico “Llamas de Cea” segue con Judith García Llamas o relevo do Club “El Estribo”, fundado en 1982 por Miguel Ucha.