Royal Celtic Bay celebra a súa festa de Halloween

O centro de Baiona de Royal Celtic Bay celebrou este luns a súa festa de Halloween cos máis pequenos. Fixeron un pasarrúas polo pobo, todos disfrazados, e despois fixeron parada na Praza de Santa Liberata, onde realizaron diversos xogos, bailes e terminando cun esconxuro e chuches para festexar por todo o grande. Os papás e mamás tamén estiveron convidados a participar.