
Un motorista perdeu a vida esta tarde ao caer do seu vehículo e bater contra o muro dunha casa, no punto quilométrico 5 da PO-332, á altura da parroquia de Parada. O accidente rexistrouse no 112 Galicia uns minutos despois das 18:00 horas. Unha persoa particular contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para dar conta da caída do motorista.
Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia requiriu a intervención do GES de Val Miñor, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, do servizo de mantemento e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A pesar dos esforzos, os profesionais sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao motorista, un mozo de 30 anos veciño da mesma parroquia de Parada.