A Comisión de Festas de Santa Mariña de Vincios organiza unha laconada

A Comisión de Festas de Santa Mariña de Vincios organiza o vindeiro sábado 12 de novembro unha laconada. O prezo do menú será de 20 euros e inclúe lacón, bebida, sobremesa e café. Para os pequenos tamén haberá menú infantil, con milanesa con patacas, bebida e sobremesa, por 10 euros. O evento, que comezará ás 21:00 horas no Centro Cultural de Vincios, estará amenizado polo trío Mar D’Arousa. É imprescindible reserva antes do 8 de novembro nos teléfonos 606559537 (Ali) e 628680502 (Diego).