A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios saca a concurso a cesión da cafetería

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios informa que ata o 7 de novembro estarán dispoñibles as bases para o contrato de cesión da cafetería. As persoas interesadas deberán pasar a recoller as bases e presentar o seu proxecto na oficina da asociación. Horario de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas, agás os xoves de 9:00 a 13:00 horas.