Baiona celebra o Samaín co espectáculo infantil “A Araña Matilda”

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, celebra o Samaín co espectáculo infantil “A Araña Matilda. Realmente dan medo todas as arañas?” o vindeiro luns, 31 de outubro, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal V Centenario. Todos aqueles nenos e nenas que se acheguen ata o recinto municipal pasarán unha tarde “terrorífica”. Para festexar esta tradición celta, os máis pequenos tamén poderán gozar dun obradoiro temático. A entrada é gratuíta e libre ata completar aforo.