Nigrán recibe este domingo á coral catalana Pedres Blanques

O Concello de Nigrán ofrece este domingo ás 18:00 horas no Auditorio Municipal o recital da coral Pedres Blanques, de Sant Boi de Llobregat (Barcelona). A coral anfitrioa, Novos Aires de Nigrán, actuará en primeiro lugar e interpretará 4 temas, mentres que a coral invitada dará un concerto máis extenso, no que incluirán temas como “Llorona”, “Laura”, “Maruxiña” ou “Dáme un Bico”. A entrada é de balde ata completarse o aforo.