
O alcalde, Paco Ferreira, asinou un convenio co Club de Patinaxe Artística de Gondomar de 25.000 euros. 5.000 polo convenio anual e 20.000 por xestionar a pista de xeo desde o 3 de decembro ata o 9 de xaneiro, así como o gasto de alugueiro de patíns, monitores e alugueiro da máquina enfriadora, etc.
“Independentemente de ser un luxo poder contar con este club como colaboradores da pista de xeo, é ao mesmo tempo unha maneira de poder axudar ao equipo para sufragar os gastos no Campionato do Mundo de Arxentina”, destacou Ferreira.