Gondomar licita a súa iluminación do Nadal por 45.000 €

Gondomar comeza cos preparativos para encarar o Nadal licitando a iluminación por 45.000 euros anuais coa posibilidade de prorrogar o servizo ata 2024 cun aumento na partida de 30.000. Deste xeito a vila condal ponse á cabeza da comarca ao ser a primeira que fixa o día do aceso. Será a partir do 3 de decembro e estarán operativas en principio ata o 6 de xaneiro, deixando aberta a posibilidade de que a Administración local alongue o seu período en funcionamento, tal e como ocorreu en anos anteriores. As empresas interesadas teñen ata o próximo 2 de novembro para presentar as súas ofertas.

Polo momento aínda non se sabe cal será a temática elixida para estas festas, pero o que non faltará será a gran árbore de Elduayen que xa se converteu nun símbolo da celebración. O artesán e veciño de Borreiros Fernando Fernández Penedo será outro dos grandes incondicionais co seu impresionante Belén en movemento de 50 metros cadrados e que en 2021 atraeu a visitantes de toda España. Neste sentido o belenista adiantou varias novidades, este ano a representación da Biblia traslada da Biblioteca ao CDL e será aínda maior. Ademais, tamén montará outro no multiusos de Sabarís.