Nigrán ofrece este sábado a obra “Arte” de Hipócrita Teatro

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 22 de outubro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a obra “Arte”, de Hipócrita Teatro. Esta forma parte do convenio con FEGATEA que inclúe tamén a do vindeiro sábado 29 (Caracha na Cacha e Aturuxo de Melpómene). Esta comedia, da dramaturga Yasmina Reza, está protagonizada por Teo García, Iván Redondo e Carlos Rebolo e dirixida por José Campanari. Trata sobre a amizade e sobre a fraxilidade dos lazos humanos. A entrada é de balde ata completarse o aforo.