Curso de iniciación á informática na Ramallosa

A Asociación de Veciños A Unión de San Pedro da Ramallosa ofrece un curso de iniciación á informática. Desenvolverase os luns en dúas quendas, unha de mañá, de 10:30 a 12:00 horas, e a outra de tarde, de 19:00 a 20:30 horas, entre novembro de 2022 e abril de 2023. Os asistentes aprenderán a utilizar Windows 10, Office, Internet, Correo, Redes Sociais… As inscricións poden formalizarse no teléfono 673343235 ou no correo sanpedroaunion@gmail.com. O prezo do curso é de 25 euros ao mes para os socios e de 30 euros para os non socios. Material incluído ou posibilidade de utilizar o propio portátil do alumno.