Bombeiros Forestais de 6 meses e CMVMC instan a repensar a política de montes

Bombeiros Forestais de 6 meses, conxuntamente coa CMVMC (Comunidades de Montes Veciñais en Man Común coordinados na ORG ACCMM) veñen de rexistrar un escrito conxunto, cunha serie de demandas de urxencia para instar repensar a política de montes e do dispositivo de bombeiros de máximo risco (6 meses). Bombeiros Forestais de 6 meses e a ORGACCMM, alertaran xa en maio do que a Consellería do Medio Rural, tamén vaticinaba vir e efectivamente tivo graves consecuencias. Aos Bombeiros Forestais de 6 meses contratados para traballar en época de máximo risco, non se realizou chamamento algún até o 18 de maio, entrando así en máximo risco e non realizando practicamente acción preventiva algunha. Por outra banda segundo a ORGACCMM, a liña de axudas que ía habendo anualmente nos nosos montes para a prevención de lumes forestais este ano foi suprimida.

“Queremos manifestar e poñer en coñecemento da opinión pública, que non sería por nós a ausencia dunha práctica preventiva nos nosos montes (claramente insuficiente) para mitigar a lacra dos incendios forestais e responsabilizar á Consellería do Medio Rural destes inxustificados retrasos, carencia de reflexos e axilidade en políticas preventivas. A última traca humillante aos traballadores en precariedade contractual de máximo risco, lanzada desde Función Pública e a Consellería de Facenda (enténdese coa beizón de Medio Rural) é a non ampliación de contrato dos traballadores de 6 meses duns miserables 13 días até completar o mes de novembro. Isto demostra a insensibilidade por non dicir desprezo da percepción na Xunta por estes traballadores”, sinalan.

Por estas razóns e outras, fan un chamamento conxunto a participar na manifestación o próximo sábado 15 de outubro en Santiago de Compostela ás 12 do mediodía desde a antiga estación de trens, ao que se poñerán autobuses de balde para facilitar a asistencia.

RELACIÓN DE AUTOBUSES PUNTOS DE ENCONTRO E HORARIOS:

MORRAZO:

  • Saída: 10:00 horas do polígono industrial de Bueu, recollida en Cangas ás 10:15 e logo en Moaña e Domaio.
  • Reserva de prazas: 676479447 (Pena) e 616784273 (Moncho).

MOS – VIGO:

  • Saída: 10:00 horas do Centro Social As Pedriñas (Tameiga), recollida en Vigo ás 10:15 na Praza dos Cabalos.
  • Reserva de prazas: 986 288057 ou 616523807.

BAIXO MIÑO

  • Saída: 9:30 horas dende o Centro Cultural da A Guarda, con puntos de recollida en Pías (O Rosal), Goián (Tomiño), Currás (Tomiño) e Areas (Tui).
  • Regreso de Compostela: 17:00 horas.
  • Reserva de prazas: 664314290.

VAL MIÑOR

  • Saída: 9:30 horas do Centro Veciñal de Borreiros – Gondomar.
  • Reserva de prazas: 636054910.
  • Saída: 9:30 horas do mercado de Sabarís.
  • Reserva de prazas: 649137135.