O Concello de Nigrán e o Racing Vilariño homenaxean este xoves a Jaime Cabreira

O Concello de Nigrán e o Racing Vilariño ofrecerán un pequeno homenaxe póstumo a Jaime Cabreira “Pincanillas” este xoves 13 de outubro coincidindo co que sería o 59 aniversario deste personaxe popular de San Pedro da Ramallosa e moi querido por toda a veciñanza de Nigrán. O acto, presidido polo alcalde e a directiva do club de fútbol ao que sempre estivo vinculado, será ás 19:00 horas no lavadoiro de A Cabreira, lugar que frecuentaba e no que o Concello o recordará para sempre cunha placa na súa memoria.