Pican cunha navalla as catro rodas dun coche en Baiona

Este sábado pola noite un vehículo aparcado en Baiona apareceu coas catro rodas picadas cunha navalla. Así o denuncia o seu propietario, Sergio Villar, natural da vila aínda que na actualidade reside fóra. Os feitos ocorreron entre as 21:30 e as 22:20 aproximadamente, tempo durante o cal o coche permaneceu estacionado en Santa Liberata, á altura do número 4, xusto á beira das escaleiras da Biblioteca. “Baixamos á casa dos meus pais para coller ao neno, cando volvemos picárannos as catro rodas do coche cunha navalla, non sei se é algo que está a pasar, ou foi só a nós”, relatou.