
A parroquia baionesa de Baredo celebra a próxima fin de semana as festas na honra de San Roque. O sábado 15 de outubro a partir das 20:00 horas comezará a gran verbena coa orquestra Finisterre e o trío Azar. O domingo día 16 ás 13:00 horas celebrarase a Misa Solemne na honra de San Roque cantada polo Coro de Homes “Voces Baionesas” seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Baiona, e ao finalizar, a actuación da Danza das Espadas. Ás 19:00 horas arrancará a verbena fin de festa, coa orquestra Charleston e o trío La Noche.