O Turonia GFG participará no Pan-Europeo de clubs

Os rapaces do Turonia GFG participarán na próxima edición do Pan-Europeo de clubs, competición na que se medirán aos mellores equipos de gaélico do continente. Será o próximo 15 de outubro na Coruña e están seguros de que o equipo dará a cara para facer un bo papel.