Mercar no comercio de Gondomar ten premio

O Concello de Gondomar, en colaboración coa Asociación de Empresarios do Val Miñor (OVALMI) e a Federación de Comercio de Pontevedra, sortea 1.000€ en premios por mercar no comercio local. O sorteo será este sábado día 8 de outubro ás 13:30 horas na Praza Paradela. Para participar, só hai que gardar os tickets de compra (mínimo de 10€) realizadas entre o 3 e o 7 de outubro. O mesmo sábado día 8, de 10:00 a 13:00 horas, deberanse trocar eses tickets na carpa instalada para a ocasión e así participar no sorteo de 20 tarxetas prepago de 30€ e 8 tarxetas de 50€.