O Concello de Nigrán iluminarase de verde esta noite polo Día Nacional da Artrite

O Concello de Nigrán súmase un ano máis á celebración do Mes da Artrite e da Espondiloartrite coa iluminación de cor verde da Casa do Concello esta noite do 1 de outubro, Día Nacional da Artrite, tal e como solicitan desde a Asociación Enfermos Artrite Pontevedra (Asearpo) a través da Coordinadora Nacional de Artrite.

O obxectivo é homenaxear ás persoas que sofren estas doenzas e visibilizar estas patoloxías descoñecidas para a maior parte da poboación (a iniciativa naceu no ano 2015 en cidades como Madrid, Vigo, Santiago, Huesca ou Valencia).

A artrite é a inflamación dunha ou máis articulacións. Os principais síntomas da artrite son dor e rixidez das articulacións, que adoitan empeorar coa idade. Os tipos máis frecuentes de artrites son a artrose e a artrite reumatoide.