Tras a renuncia da Federación Galega de Patinaxe de coordinar esta tempada as escolas deportivas nos concellos dependentes da Deputación de Pontevedra, o Concello de Gondomar e o ente provincial chegaron a un acordo de financiamento e xestión da escola municipal de patinaxe de Gondomar.
Deste xeito Gondomar poñerá a disposición das mozas e mozos do municipio 100 prazas para esta disciplina deportiva, que tanto éxito e aceptación ten na vila.
Paco Ferreira sinalou que “a patinaxe é un dos deportes nos que Gondomar destaca, tanto pola cantidade de mozas e mozos que o practican, como polos éxitos deportivos acadados polos nosos clubes a nivel nacional e tamén a nivel internacional, e seguiremos coa nosa aposta firme polo deporte de base”.

