
A Sociedade Atlética Val Miñor e o Concello de Gondomar organizan o sábado día 15 de outubro o I Cros Escolar Concello de Gondomar, que dará comezo ás 17:00 horas. Poderán participar cantos escolares o desexen, estean ou non federados. No caso daqueles que pertenzan a clubs de atletismo, poden facelo a través do seu club.
Os circuítos discorrerán polos arredores do Campo de fútbol de “As Cercas” e do Parque da Coelleira. A chegada estará situada na zona das pistas de tenis, e a pista de multideporte, detrás do CDL.
Os dorsais serán entregados polo club organizador o mesmo día da proba, na zona da chegada. Os dorsais entregaranse ata 30 minutos antes da saída de cada proba, debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e respectar a publicidade impresa durante toda a proba.
Entregarase trofeo aos tres primeiros clasificados tanto en categoría feminina como masculina dende a categoría Sub 8 ata a Sub 16. Os trofeos entregaranse ao remate de todas as probas. Aos pitufos entregaráselle unha medalla conmemorativa da carreira a todos os participantes ata fin de existencias.
As inscricións poderán formalizarse ata o luns 10 de outubro ás 22:00 horas a través dos correos deportes@concellodegondomar.gal e savalminor@hotmail.com. Para máis información pode contactarse no teléfono 608748393.