
A propósito de que se fala de puntos absolutos e non de puntos netos, o equipo AMF Motorsport encara esta antepenúltima cita do campionato coa mentalidade posta en proseguir o refacho de vitorias que lles acheguen máis na clasificación xeral tanto do Campionato Galego de Rallyes como das diferentes copas de promoción.
O Rallye Ribeira Sacra será un novo desafío no que hai que realizar un traballo excelso desde o primeiro quilómetro para non ceder terreo co rival, e aínda que na primeira especial de Castro de Beiro a diferenza mídase en décimas, o importante virá o sábado con catro especiais a dobre pasada, que serán as verdadeiras xuízas da competición, con tramos moi selectivos que poñerán a proba a piloto, copiloto e máquina.
O piloto gondomarense comenta a súa visión previa á cita que terá lugar en Luintra: “Como sempre, o Rallye Ribeira Sacra é unha proba moi bonita para correr, con tramos preciosos onde sempre me sentín cómodo e é un dos rallyes no que podemos poñerlle as cousas difíciles ao noso rival ou talvez forzarlle a un erro. Haberá que saír concentrados ao 100% e non cometer nin o máis mínimo fallo se queremos conseguir o noso obxectivo”.