A pintora e ilustradora Laine Villero presenta en Baiona a súa colección “Negros Americanos”

“Negros Americanos” é o reflexo cultural que proxecta un estado íntimo, cunha temática transversal que nos mergulla na arte dos negros americanos a través de varias obras realizadas con moita forza, nostalxia e paixón. Cada representación visual das obras reflicte momentos ambientados nos anos 70 e 80 de Nova York.

Esta exposición poderase visitar desde este venres día 16 ás 18:30 horas e ata o 30 de setembro, na Capitanía Marítima de Baiona, en horario de 18:00 a 21:00 horas os mércores, xoves e venres, e de 12:00 a 14:00 horas os sábados e domingos.

Recentemente gañadora do Concurso de Pintura Camelias “Verán en Vigo”. Membro do grupo Galeoska e integrante do grupo de fusión de arte Solaina, onde ilustrou traballos como “Dedas”, “Un Paseo Por Nigrán” ou “Un Paseo por Baiona”, xunto á escritora Soledad García e a deseñadora gráfica Natalia Guisande.