Vincios celebra as festas da Fraga

A parroquia gondomareña de Vincios celebra esta fin de semana as festas da Fraga. A programación comezará o venres 16 de setembro coa festa do motor a partir das 22:30 horas, con concentración de coches de rally e clásicos e churrascada acompañada coa actuación dun DJ.

O sábado día 17 ás 17:00 horas a charanga Os Imperiais percorrerán o pobo e ofrecerán unha actuación. Pola noite, desde as 22:00 horas, a orquestra Costa Blanca e trío La Noche do Grove amenizarán a verbena.

O domingo 18 de setembro o programa comezará ás 11:00 da mañá coa actuación da charanga Vai de Baile. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de todos os defuntos do barrio, e a continuación terán lugar as tradicionais “poxas” e a actuación da charanga. Ás 17:00 horas serán as cucañas, e pola noite, a partir das 22:00 horas, a verbena estará amenizada polo grupo Ritmo e o trío Tic Tac.

Haberá carpa e aparcamento.