Festas de San Cibrán en Donas co Combo Dominicano como prato forte

A parroquia gondomareña de Donas celebra a próxima fin de semana as festas na honra de San Cibrán. O sábado 17 de setembro, a partir das 22:00 horas, a verbena estará a cargo da orquestra Alabama e o grupo Ritmo.

O domingo día 18 ás 10:00 da mañá fará entrada e pasarrúas a Banda Unión Musical do Val Miñor en Gondomar, Donas e San Cibrán. Ás 13:00 horas comezará unha Misa seguida de procesión acompañada pola Banda de Música. Pola noite, desde as 22:00 horas, o grupo La Bamba e o trío Azar amenizarán a verbena.

O luns 19 de setembro ás 10:00 da mañá fará entrada e pasarrúas a Banda de Música de Redondela en Gondomar, Donas e San Cibrán. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne con procesión acompañada pola Banda de Música. Entre as 16:30 e as 17:00 horas disputarase un partido de fútbol no campo de Santa Eulalia entre solteiros e casados, e ao finalizar, sobre as 19:30 horas, haberá grandes piñatas e moitos caramelos no torreiro da festa para todos os nenos. Pola noite, ás 22:00 horas, comezará a verbena coa orquestra Combo Dominicano e o trío Xtra.