Presentación do libro “Arquitectura de intermediación no Val Miñor” en Sabarís

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Este luns, día 12 de setembro, ás 20:30 horas, terá lugar a presentación do libro “Arquitectura de intermediación no Val de Miñor. Cruceiros e petos de ánimas”, da autoría de Antonio Soliño Troncoso e María José Pérez González, membro e socia do IEM, no Multiusos Mercado de Sabarís. A presentación, que correrá a cargo de Antonio Soliño Troncoso e Anxo Rodríguez Lemos, tamén se celebrará en Gondomar e Nigrán en datas que serán oportunamente comunicadas.

O libro, de 671 páxinas, ilustradas con debuxos, planos e fotografías, forma parte dunha ideada colección de CADERNOS DE ETNOGRAFÍA sobre o Val de Miñor, centrados no ámbito da arquitectura, composta por seis volumes complementarios e, á vez, autónomos entre os cales o presente se corresponde co número cinco, que non obstante sae ao mercado en primeiro lugar.