
O Club Patinaxe Artística Gondomar levou a prata e o bronce no Campionato Galego de Patinaxe sobre rodas celebrado onte en Fene, na Coruña. O Campionato Galego de libre das categorías benxamín a infantil tivo lugar no pavillón da Xunqueira, desde as dez da mañá ata pasadas as nove da noite que se efectuou a entrega de premios. As tres patinadoras que representaban ao club gondomareño en categoría infantil, María Moldes, Lena Castro e Carla Gilsanz, quedaron nunha fantástica posición, subindo ao podio as dúas primeiras en segunda e terceira posición respectivamente, acompañadas polo seu adestrador David Figueroa.