A Comisión de Festas San Xosé de Prado organiza a súa IV Ruta Cabalar

A próxima fin de semana celebrarase a IV Ruta Cabalar da Comisión de Festas San Xosé de Prado, na parroquia gondomareña de Morgadáns. O roteiro será o sábado 10 de setembro con saída ás 16:00 horas desde o torreiro de festas, con parada na metade do percorrido para repoñer forzas. Á volta os participantes gozarán dunha estupenda cea no Bar da Comisión. A partir das 23:30 horas, os DJ’s Veriwell, Coke Cortés, Dani Rodríguez e Jackxs Fabr amenizarán a festa. Haberá zona de acampada gratuíta.

Xa o domingo haberá carreira de trotóns montados ás 12:00 e carreira de trotóns enganchados ás 12:45. Tras unha comida con bocadillos variados que comezará ás 14:00 horas, celebrarase unha xincana paralela e unha carreira silvestre, ás 16:00, e ás 17:30 horas respectivamente. Ás 19:00 horas será a entrega de premios, de 70 euros para o primeiro, 40 para o segundo e 30 para o terceiro.

Para participar é necesario anotarse nos teléfonos 666711787 (Fabián) e 678999098 (Mª José). Pódese elixir entre tres opcións: empanadilla roteiro + bebida (4 euros), cea con mexillóns, ensalada e churrasco (20 euros) ou cea con mexillóns, ensalada e churrasco + empanadilla roteiro (22 euros).