Nigrán despide as andainas de verán cun roteiro por un tramo do Camiño Portugués pola Costa

O Concello de Nigrán despide as súas andainas de verán cun roteiro o 7 de setembro ás 19:00 horas por un tramo do percorrido oficial do Camiño Portugués pola Costa. Este estará guiado e constará dos 4,5 km que separan O Ceán (Pazo de Abacial) e Priegue (banco do peregrino) con apoio dun autobús para regresar ao punto de orixe. Os interesados deben inscribirse previamente en oficinaturismo@nigran.es ou 986368734.

O roteiro terá unha duración de 2 horas aproximadamente, sendo a dificultade media-baixa. Realizaranse paradas no barrio do Ceán (desde onde arranca, no Pazo de Abacial), Casa de Brito (Parada), rúa dos Pazos, Pazo de Cea, Camiño Real e Banco do Peregrino en Priegue con regreso en autobús ao Ceán. Os participantes deberán levar roupa e calzado axeitados, así coma unha botella de auga.