Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Baiona.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este xoves 1 de setembro o municipio de Baiona. Estará situada na rúa Jesús Valverde, na entrada ao Parador, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Desde o 1 de agosto xa non é necesario pedir cita previa.