Controlado un incendio forestal en Mañufe

Ás 17:50 horas deste mércores declarouse un incendio forestal na parroquia gondomareña de Mañufe. O lume deuse por controlado ás 19:58 horas e segundo informaron desde a Consellería do Medio Rural afectou segundo as primeiras estimacións a unha superficie de 700 metros cadrados de monte arborizado. Na súa extinción participan 3 axentes, 5 brigadas e 4 motobombas.