Percorrido pola obra do arquitecto Xosé Bar Bóo en Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Este mércores 24 de agosto o Instituto de Estudos Miñoráns organiza a xeira “Bar Bóo en Gondomar: Un centenario”. O punto de encontro será ás 18:30 horas no local do IEM, Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira nº 10, Gondomar. Da man do vicedirector do IEM e arquitecto, Antonio Soliño, farase un percorrido pola obra do arquitecto Xosé Bar Bóo en Gondomar e lembráraselle no centenario do seu nacemento.