Unha unidade móbil de doazón de sangue visita Nigrán e Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Gondomar.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará nos próximos días os municipios de Nigrán e Gondomar. Estará en Nigrán, diante do concello, o luns 22 de agosto en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. En Gondomar, estará dentro da estación de autobuses, o luns 22 e o martes 23 de agosto, en horario de 16:00 a 21:00 horas ambos os dous días. Desde o 1 de agosto xa non é necesario pedir cita previa.