O Festival Mundial de Ilusionismo “Galicia Ilusiona” chega a Nigrán co Mago Paco

O Festival Mundial de Ilusionismo “Galicia Ilusiona” chega este luns 15 de agosto a Nigrán da man do Mago Paco ás 20:00 horas no auditorio ao aire libre do esteiro de A Foz. Este é un dos magos favoritos dos máis pequenos porque é especialista en maxia infantil. Combina maxia, música e humor, contando sempre coa participación do público para os seus grandes xogos máxicos. A entrada é de balde ata completarse o aforo. O festival traerá ata o 15 de outubro máis de 220 actuacións a toda Galicia.