Volve o Festival de Circo de Gondomar

Por segundo ano Gondomar acolle o seu Festival de Circo. Do 12 ao 14 de agosto a Praza Paradela, o Parque Ponte das Rosas e o Parque das Ánimas acollerán ás 20:30 horas tres espectaculares actuacións circenses. Apto para todos os públicos e con entrada libre.