O Festival Mundial de Ilusionismo chega a Baiona

O Festival Mundial de Ilusionismo “Galicia Ilusiona” chega a Baiona o vindeiro luns, 15 de agosto, á Praza do Concello ás 18:00 horas. Un dos mellores ilusionistas do mundo fará un espectáculo que non deixará a ninguén indiferente. Xacobe será o artista encargado de facer maxia en Baiona.

“Galicia Ilusiona” é un Festival de Ilusionismo que pretende levar maxia e ilusión por toda Galicia entre os meses de agosto a outubro. O Festival prevé a realización de espectáculos de gran calidade para todos os públicos que se levarán a cabo en máis de 100 concellos repartidos polas 4 provincias galegas.

Maxia dun altísimo nivel da man dos mellores e máis premiados ilusionistas do momento que inundarán de ilusión Galicia nun ano máxico inesquecible.