Carlos Padín expón os seus “Recunchos de Baiona” no Liceo Marítimo

Durante o mes de agosto Carlos Padín expón no salón do Liceo Marítimo de Baiona. Aínda que é nado en Vigo, cohabita en Baiona desde hai máis de 40 anos. Esta exposición de óleos, “Recunchos de Baiona”, é un traballo composto por 80 obras das cales unha parte está representada nesta mostra.

Representa a súa vivencia a través do paseo polas súas rúas, canellóns e paisaxes das súas cinco parroquias, que gardan toda a esencia de tempos pasados nos seus recunchos, con detalles de gran beleza. Unha paisaxe sen igual ao longo do seu litoral, coas súas praias, paseos marítimos, montes… todo iso, proporciónalle cada día un argumento novo para seguir pintando Baiona.

En xuño deste ano participou na exposición colectiva de artistas de Baiona en Pornic, onde tamén expuxeron a súa obra Caino, Irene Silva e Víctor Lorenzo.