O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca celebra a súa XXVII Semana Cultural

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca.

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, inicia o vindeiro martes 9 de agosto a súa XXVII Semana Cultural coa actuación ás 21:30 horas da Escola de Danza LDanzia de Gondomar. O mércores 10 á mesma hora será a quenda da Asociación Músico Cultural Airiños do Mar de Teis de Chapela-Redondela e o Coro Ecos do Castelo do CCD Bolos da Carrasca. O xoves 11 estará dedicado aos máis pequenos con inchables, contacontos, globoflexia, maquillaxe artística e algunha sorpresa máis desde as 17:30 horas. Xa o venres día 12 celebrarán a súa tradicional “Festa do ovo frito con chourizo” desde as 21:30 horas, amenizada polo Grupo de Gaitas “Cores do Sobreiro” da Asociación de Veciños San Martiño de Borreiros.