Camos acolle esta fin de semana a Copa de España de bolo celta

Esta fin de semana disputarase nos campos de bolos de Camos (Nigrán) a Copa España de bolo celta, que organiza a Federación Galega de Bolos en colaboración co club de bolos Camos. Paralelamente a esta competición e organizado polo club de bolos Camos celebrarase un torneo nacional no que participarán equipos de Asturias, Galicia e Madrid en categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, feminina, sénior e veteranos. A competición dará comezo ás 9 horas do sábado día 6, no que se xogarán as clasificacións para a fase final do día 7 que tamén comezará ás 9 horas, finalizando a mesma sobre o mediodía coa entrega de premios aos gañadores de cada categoría.