O CPA Gondomar tivo a súa representación no Campionato de España

O CPA Gondomar tivo a súa representación no Campionato de España de patinaxe artística sobre rodas celebrado en Ripollet, na provincia de Barcelona. A competición tivo unha duración de tres días, 21, 22 e 23 de xullo en xornadas completas.

Na categoría xuvenil feminino Noa Álvarez conseguiu o quinto posto, do mesmo xeito que Joel Ribeiro, este en cadete masculino. As cadetes Xiana Fernández e Lola Álvarez posicionáronse de catorceava a primeira e no posto dezasete a segunda.

Estes patinadores presentaron os seus programas curtos conseguindo clasificarse para o programa longo os catro na súa totalidade, uns programas dotados de gran arte e dificultade. Todos acompañados polo seu adestrador David Figueroa Pérez e o seu coreógrafo Javier Martínez.